DBpedia

DBpedia é un proxecto para a extracción de datos de Wikipedia co obxecto de crear unha web semántica. Foi creado pola Universidade de Leipzig, a Universidade Libre de Berlín e a compañía OpenLink Software.

Contido

O contido da base de datos está dispoñible baixo licenza CC-BY-SA 3.0 e GFDL. DBpedia está interconectada entre outros proxectos con GeoNames, Musicbrainz, CIA World Factbook, Proyecto Gutenberg e Eurostat.

O proxecto naceu en xaneiro de 2007 tomando datos da Wikipedia en inglés. En xuño de 2011 creceu e comezou a tomar datos doutros 15 idiomas, e en 2015 -cando xa tiña 125 versións en diferentes linguas- naceu a versión que toma datos da Wikipedia en galego.

Notas

  1. About DBpedia Arquivado 22 de outubro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas